
A primeira en intervir, a nosa compañeira Encarna Otero, fixo fincapé no dereito que os dous partidos estatais lles negan ás mulleres que se ven obrigadas a tomar a difícil decisión de interromper o seu embarazo.
Pola súa parte, Antonio Oca fixo unha sentida referencia ao partido, o BNG, que durante moito tempo berrou por todos os recunchos do páis, reclamando o que é de seu, e ao partido, que agora, xa no goberno segue a traballar pola xente, que, segundo as súas propias verbas, é o elemento fundamental do noso partido.
Ambos os dous oradores destacaron a necesidade para Galiza de que o BNG se faga "dono" do seu futuro, e non só con baleiras competencias exclusivas en materias sectorias senon tamén en materia fiscal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario