O pasado 19 de febreiro a prensa escrita recollía a seguinte noticia: ” o Instituto de Brión poderá empezar a ofrecer o bacharelato aos seus alumnos desde o inicio do próximo curso. O alcalde dese municipio José Luís García anunciou onte que o domingo obtivera o compromiso do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para que así sexa.”.
No Pleno do 27 de febreiro, o concelleiro-portavoz formula ao Sr. alcalde a pregunta:”….se isto é produto da precampaña electoral ou se a Consellaría de Educación, a través dos mecanismos regulamentarios, vai formalizar este compromiso dándolle, xa que logo, corpo legal, e se este acordo inclúe algún ciclo formativo”
O Sr. Alcalde contesta no Pleno, e así figura nas actas, : “….que o Presidente da Xunta efectivamente comprometeuse e que el non ten dúbidas acerca desta promesa”
A comunidade educativa mantívose á espera de que as palabras de Touriño foran ratificadas pola Consellaría de Educación. Pese ao tempo transcorrido, o colectivo de pais e nais de alumnos/as, a directiva do Instituto e os/as alumnos/as dos últimos cursos seguen á espera dunha resposta oficial definitiva a este respecto. E é evidente que a estas alturas é necesario iniciar o proceso de planificación do próximo curso academico 2008-09, abrir a reserva de prazas, o equipamento e a apertura das aulas de bacharelato, concretar as distintas modalidades de bacharelatos que se poderían impartir e mesmo saber se se podería impartir algún ciclo formativo e asignar os docentes e medios necesarios para iso.
É debido a estas circunstancias é polo que o grupo municipal do BNG considera necesario e urxente que a Corporación en Pleno tome en consideración o seguinte acordo:
1.- O Pleno do Concelo de Brión diríxese á Consellaría de Educación para que de xeito urxente tome o acordo de implantar no IES de Brión para o curso 2008-09 algún dos modelos de Bacharelatos vixentes, e mesmo se valore a posibilidade de impartir algún Ciclo Formativo.
Brión 21 de maio de 2008
Carme Robledo Xesus Pena
Ningún comentario:
Publicar un comentario