venres, 18 de xullo de 2008

Concerto do día da Patria

O vindeiro sábado, día 19 de xullo, estaba previsto a celebración dun concerto na nosa localidade co gallo do día da Patria. Entendendo que é necesario promocionar aos novos valores musicas da nosa terra, neste concerto ían participar grupos que comezan a introducirse no mundo musical galego.
Sen embargo, debido a causas alleas á organización, non puidemos reunir todos os requisitos que o Concello nos esixíu no último momento para a súa celebración. Por esta razón, máis aló de cancelalo, e en acordo cos grupos, decidimos aprazar a actividade para o vindeiro mes de setembro.

Ningún comentario: