
O día 22 de decembro nun pleno extraordinario aprobáronse os orzamentos para o vindeiro ano, cos votos a favor do PSOE e cos negativos do BNG e do PP.
O noso grupo fixo fincapé na importancia do orzamento como documento vertebrador da situación económica e social do concello, sobre todo en tempos de crise e voltou a criticar a falla de consenso cos grupos da oposición e coa cidadanía, na liña do que se vén chamando orzamentos participativos.
Se nos centramos nas contas, observamos que son uns orzamentos pouco investidores (31% en investimentos reais fronte ao 66,7% en gastos correntes). É excesivo o gasto en persoal, en enerxía eléctrica, combustibles, protocolo, publicidade, propaganda e festexos populares. Fronte a este destipendio, as partidas que poderían reforzar as políticas anticrise ou ben carecen de dotación orzamentaria ou ben levan unha dotación moi cativa:
1.- Solo industrial ( Polígono intermunicipal dos Barreiros): sen partida
2.- Promoción de emprego eficiente e conciliación laboral: escasa
3.- Políticas de igualdade e loita contra a discriminación de xénero: escasas e pouco eficientes
4.- Políticas medio-ambientais: sen partida
5.- Liñas de acción para o aforro e a eficiencia enerxética: sen partida
6.- Políticas de protección e recuperación do patrimonio: sen partida.
7.- Equipamentos públicos para o ocio e o lecer: escasamente dotada
8.- Promoción turística: partida escasa
9.- Máis bolsas de estudos e axudas ao transporte para estudantes: partida escasa
10.- Cooperación INTERNACIONAL: partida irrisoria 0.05%.
Polo tanto o noso voto non podería ser outro có negativo para uns orzamentos que consideramos negativos para o desenvolvemento económico, social e cultural do noso concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario