xoves, 4 de decembro de 2008

PROPOSTA SOBRE O FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTO LOCAL

Vimos de presentar no rexistro do Concello de Brión unha proposta en relación ao Fondo Estatal de Investimento Local.
O noso grupo entende que a cantidace que se lle asigna a Brión, 1.254.316 euros é xa unha cifra considerable, pensemos que este concello está manexando no presente exercicio 2008 un orzamento municipal de 6,4 millons de euros dos que destina a investimentos reais 1,9 millons, pouco mais do que vai recibir agora deste Fondo para investimentos xeradores e emprego.

A nosa proposta é de que os proxectos que se presenten vaian avalados polo máximo consenso social, tanto entre os grupos políticos da córporación como dos colectivos veciñais que poden aportar iniciativas
O que pretendemos con esta iniciativa é abrir un debate sobre a que deben detinarse estes fondos no noso concello. Xa o propio Real Decreto define que estes fondos deben destinarse a financiar obras non contempladas nos orzamento municipais e ademais obras que xeneren emprego local.
O noso grupo entende que, prioritariamente, deberían ser actuacións sobre infraestruras e equipamentos con proxección de futuro e que repercutan no benestar dos veciños . Na medida do posible evitaremos que o diñeiro deste Fondo se destine a gastos correntes.

Brión 3 de decembro 2008

Xesús Pena Espiña
Portavoz municipal do BNG de Brión

Ningún comentario: