venres, 11 de setembro de 2009

PROPOSTA PARA A INSTALACIÓN DE PANTALLAS ANTIRRUíDO NA AUTOVIA POLA BANDA DE ADOUFE.

Os problemas do ruído proveniente do tráfico é cada vez máis grave nas zonas urbanas e periurbanas, polo que é necesario o establecemento de medidas correctoras. As pantallas antirruído constitúen, na maioría dos casos, a solución óptima para a redución do ruído percibido pola poboación. A súa eficacia está condicionada polo fenómeno da difracción.
No noso concello este problema vén ocorrendo no tramo da autovía Santiago-Brión no seu paso polo viaduto de Lamiño. Neste tramo o vial dispón de pantallas atirruído cara ao lado das vivendas de Lamiño e o Paseo de Pedrouzos pero non dispón de pantallas que protrexan o núcleo de Adoufe. Veciños residente nesta zona teñen manifestado que o ruído do paso dos coches pola autovía é moi intenso, especialmente molesto nos días de choiva.
Co ánimo de aminorar os danos e as molestias que causa a autovía aos/ás veciños e veciñas de Adoufe propoñemos ao Concello e Pleno que tome en consideración a seguinte proposta:


1.- Que o Concello en Pleno tome o acordo de dirixirse á Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia para solicitarlle a instalación de pantallas atirruído no tramo da autovía Santiago-Brión no tramo do viaduto de Lamiño no lado colindante ao núcleo de poboacion de Adoufe.

Brión 7 de setembro de 2009


Carme Robledo Muíña
Xesús Pena Espiña

Ningún comentario: