mércores, 16 de decembro de 2009

DEBATE ORZAMENTOS 2010. A EXPLICACIÓN NOSO VOTO NEGATIVO





Convén recordar:
A importancia do orzamento para os tempos de crise, como instrumento básico para reactivar as economías produtivas, fomentar as políticas de emprego e dar cobertura a políticas sociais.
É tamen importante, na nosa opinión, de incentivar a participación cidadá na elaboración de contas transparentes no camiño do que que se vén chamando “orzamentos participativos”.
O documento orzamentario que hoxe se nos presenta para a súa aprobación non parece axustarse aos parámetros dos fortes reaxustes realizados sobre o orzamento do exercicio 2009 mediante o PLAN DE SANEAMENTO que nun exercio de responsabilidade dos grupos da oposición, e en particular o BNG respaldamos. Nos no seu momento criticamos no con dureza o orzamento do 2009 por que entendíamos que era un orzamento alegremente inflado, negador da forte crise na que xa estabamos instalados, seguramente seguindo as liñas argumentais do PSOE que, como todos sabemos, se negou a recoñecer a crise ate que se lle caeu encima. O Plan de Saneamento deunos a razón e algunha das propostas que nos formularamos como criticas foron logo, no mes de xullo, incorporadas ao Plan.
Hoxe volvemos a decir o que xa decíamos o ano pasado: ” as liñas de acción fronte a crises deben ser abordadas dende os distintos planos das distintas administracións e sen dúbida dende a administración local pódense realizar moitas accións complementarias das políticas xerais anticrise.
O noso grupo entende que nestes momentos é necesario incrementar substancialmente os fondos destinados a partidas en investimentos reais, as partidas destinadas á creación de emprego e promoción económica e as partidas destinadas á prestación de servizos sociais. Todas conxuntamente e de xeito traversal derivan directamente en riqueza, confianza e calidade de vida.
Por outra banda é imprescindible restrinxir ó máximo posible os gastos correntes e os gastos en persoal non vinculado directamente ás actividades produtivas, é dicir buscar a eficiencia nos servizos que se prestan e nos equipamentos que se xestionan e reducir a burocracia”.

Este proxecto de orzamento do 2010 segue tendo o mesmo deseño estructural que os pasados orzamentos, é decir, é un orzamento pensado para “navegar” na tormenta da crise, pero non para contribuir a superala:
Fronte ao consenso co que acometeu o plan de saneamento do mes de xullo, e como xa comentamos, foi aprobado de xeito unánime, esta proposta de orzamamento 2010 nace sen o máis mínimo consenso.
Polo demais:

1.-INVESTIMENTO REAL MÍNIMO ( “gastos destinados a creación de infraestuturas e a creación ou adquisición de bens inventariables necesarios para o funcionamento dos servizos”, é decir gastos que repercuten directamente no benestar da cidadanía e na creación de riqueza): Pasa do 31% do 09 ao 20%, de 2.091.862 Euros a 1.227.770 € cunha caida do 41,30% respecto aos datos do ano 09. Practicamente a totalidade do descenso do orzamento 2010 respecto ao do 09 é absorbido polo descenso nas partidas de Investimentos Reais.
2.- SEGUEN A AUMENTAR OS GASTOS DE PERSOAL En Termos absolutos hai unha pequena caída de 2.109.254 € para o 09 a 2.099.864 € para o 10, pero en termos relativos pasamos do 31,25% do 09 ao 34,45% para o 10. Nós entendemos que esta situación é consecuencia dun cadro de persoal excesivo, pouco adecuado ás necesidades reais e aos servizos que se deben prestar, e si máis en función dos intereses políticos do grupo gobernante. É decir unha forte hipoteca para o futuro do Concello.
3.- SEGUEN AUMENTADO OS GASTOS CORRENTES (“Gastos en bens e servizos que non producen un incremento do capital ou patrimonio público”). Pasan de 1.897.891 € do 09 a 1.984.699 € do 10 , do 28,12% ao 32,56%
4.- DIFERENZAS DESCOMUNAIS entre os Gastos de persoal ( capit. 1) máis Gastos Correntes (Capit.2) en ralación aos Investimentos Reais (Capit.6), é decir: 2.099.864€ + 1.984.699€ = 4.084.563 € o 67 % do total do orzamento fronte a 1.227.770€ o 20,14%.
5.- EN RALACIÓN AO ESTADO DE INGRESOS é altamente ilustrativa o descenso da suma de impostos directos + impostos indirectos + taxas e prezos públicos que pasa do 53,9% do 09 ao 40,7 % para este exercicio. Tecnicamente sempre se recomenda que estas tres partidas cubran, cando menos, o 50 % do orzamento. Neste punto é moi significativo a caida dos impostos indirectos ( sobre construccións) que descende a 100.000€ cando no ano 09 era 315.000€, no 08 450.000€ e 650.00€ no 07. O feito indica un crecemento do concello baseado nas políticas do “ladrillo” , absolutamente insostibles.
Analizando as partidas chama a atención os datos dalgunha delas, vexamos:
1.--Son excesivos os gastos en enerxía eléctrica que segue aumentando ( 191.300€ fronte aos 183.000€ do 09) seguramente derivados da carencia de eficaces políticas de control, aforro e eficiencia enerxética. [debería ser, incluso, menor xa que houbo un cambio no alumeado público, con luces de menos consumo]
Pola contra partidas que poderían reforzar ás políticas anticrise ou ben carecen de dotación orzamentaria, ou ben levan unha dotación moi cativa. Se ben algunha carencias son derivadas directamente das políticaas restrictivas do actual Goberno da Xunta de Galicia como son os casos de vivenda protexida ou chan industrial.
2- As partidas dedicadas a ACCIÓN SOCIAL no referente á calidade e eficiencia dos servizos que se prestan, nin tan sequera se alcanza o 7% do total do orzamento que é o umbral mínimo necesario estimado.
3.- Políticas medio-ambientais: sen dotación
4.- Políticas de acción para o aforro e a eficiencia enerxética: sen dotación
5.- Políticas de protección e recuperación e posta en valor do rico Patrimonio Histórico de Brión: sen dotación.
6.-Partidas para a cooperación INTERNACIONAL: partida irrisoria 0.05%
Estas son as nosas propostas e as nosas críticas que seguramente configurarían un orzamento máis apropiado para os tempos de crise e netamente distinto ao que vostedes presentan. ENTENDEMOS QUE EN MOMENTOS DE CRISE PODE SER POSIBLE CERTAS DEFICENCIAS E DESAXUSTES EN ALGUNHAS PARTIDAS, O QUE NON É DE RECIBO É A CARENCIA DE DIÁLOGO E BUSCA DE CONSENSOS.
EN CONSECUENCIA O NOSO VOTO É UN VOTO NEGATIVO

Brión 16 decembro 2009
Xesús Pena Espiña
Carme Robledo

1 comentario:

Anónimo dixo...

Non sei se algo de cortar e pegar...pero moi bo artigo