É sabido que hai alumnado neste Concello, de Educación Primaria e Secundaria, que presenta dificultades relacionadas coa ausencia de hábitos de traballo, escaseza de motivación, atraso no proceso de maduración persoal, pobre integración social, aprendizaxe deficiente nas áreas instrumentais e que por diversos motivos non pode recibir o apoio e reforzo que precisa no seo da súa familia.
O Concello, en reforzo ao sistema educativo institucional, debe de ser capaz de dar cobertura a este tipo de problemas ofertando a posibilidade de poñer á disposición das familias, onde residen nenos e nenas con especiais dificultades educativas, educadores/as que permitan reforzar as competencias básicas os hábitos de organización e constancia no traballo, alentar ao estudo e propoñer formas de traballo eficaces.
Os servizos sociais do concello en coordinación coas direccións dos centros educativos deberían preparar a selección don nenos e nenas que precisen deste servizo que se trataría de ter activado para comenzos do segundo trimestre do presente curso.
Entendemos que a esta proposta poderían acollerse ao recén aprobado Real Decreto-lei 13/2009, de 26 de outubro, polo que se crea o “Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local”que no artigo 2.2 determina que […] podrán financiarse gastos corrientes vinculados a programas de actuación en el ámbito educativo y otros de carácter social de competencia municipal […]
Propoñemos ao Concello en Pleno que tome en consideración a seguinte proposta:
1.- Que se tome o acordo de poñer en marcha para o inicio do segundo trimestre do presente curso 2009-10 un programa de Reforzo Educativo dirixido a alumnos e alumnas dos últimos cursos de Educación Primaria e Primeiro Ciclo de Secundaria con especiais dificultades.
2.- Que se dote unha partida no orzamento do ano 2010 dedicada a tal fin.
3.- Que sexan os servizos técnicos do Concello os que fagan a proposta concreta para dar corpo legal a esta iniciativa e solicitar á Comunidade Educativa a información necesaria para desenvolver o Programa.
Brión 28 de novembro de 2009
Carme Robledo Muiña
Xesús Pena Espiña
Ningún comentario:
Publicar un comentario