Entrevista concedida por Suso Pena Espiña, concelleiro do BNG de Brión e candidato á alcaldía:
De novo o BNG volve a confiar en vostede para encabezar a candidatura de Brión, como valora isto?
Antes de nada quero agradecer aos meus compañeiros e compañeiras da Asemblea de Brión que de xeito unánime volveron a confiar en min para encabezar e dirixir o equipo de traballo que vai ser o grupo municipal. Para min tamén é un motivo de satisfacción asumir unha vez máis a responsabilidade de representar a todos e todas que, pensando en clave de País, teñen interiorizado que as propostas do Bloque van sempre unidas ao progreso social, á transparencia na xestión dos asuntos públicos e a defensa do medio.
Como valora a lexislatura que agora remata e na que vostede exerceu de portavoz do BNG ?
Con un suspenso rotundo, pura continuidade dos derradeiros 28 anos. Como todos/as sabemos en Brión existe un goberno municipal e un alcalde que baixo a fórmula de INDEPENDENTES veñen rexendo os destinos do concello dende o inicio da democracia. Esta longa permanencia no poder permitiulle crear unha rede de intereses compartidos de gran calado na sociedade local e crear uns hábitos de comportamento electoral pouco libres. Foron crendo, o que eu chamo “o réxime local”, todo debe estar ao servizo do partido, porque “eles” son Brión e o demais non somos Brión. Desta maneira a sociedade civil non emerxe libremente por abaixo, calquera manifestación de asociacionismo social que non sexa controlado por “eles” entra rapidamente en risco de desaparición. Incluso institucións de ámbito local que mesmo por lei debían existir, como o Consello escolar, de servizos, de medio ambiente, etc. non estan creados.
…28 anos de alcalde son moitos anos?
Cando se leva tantos anos na alcaldía convértese isto nunha profesión, nun modo de vida, nun negocio, de maneira que se acaba interiorizado que o Concello é unha empresa particular e o os funcionarios os empregados dela. Na miña opinión un alcalde non debe permanecer máis de dúas ou tres lexislaturas no posto. En doce anos calquera alcalde ten tempo de abondo para pór en marcha os seus proxectos logo debe deixar paso a outros con ideas novas. É moi saudable a renovación das persoas, aínda que siga gobernando o mesmo partido. Foi ademais un goberno pechado ás problemáticas externas ao concello, un bo exemplo é que tan só adican o 0,05% do orzamento á axuda internacional, de cada 100 euros 5 céntimos.
(...)
A entrevista ao completo no enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario