


O trazado definitivo da autovía separa mediante muros e túneles núcleos de poboación antes veciños, estraga o río Pego e o seu contorno de brañas, e vai causar un impacto visual e acústico de grande magnitude non ponderado dabondo. Todo isto nun espazo que xa é a cerna do concello, pero que a desaforada expansión inmobiliaria en marcha vai facer medrar vertixinosamente. Pasamos polo tanto da "cidade xardín" da que ten falado o alcalde saínte, a un simple arrabalde de Compostela esmagado por unha autovía. O BNG e os veciños puxeron todos os seus esforzos en defender outra alternativa de crecemento sostible que ofrecía os mesmos servizos aos veciños, pero non resultou do agrado do alcalde saínte nin dos intereses inmobiliarios que xa empezan a florecer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario