martes, 24 de abril de 2007

Política Municipal



Como cremos que é de interese para todos os veciños e veciñas de Brión, imos comezar neste blog cunha sección destinada a dar a coñecer as liñas prioritarias da nosa acción de goberno municipal. Con isto pretendemos abrir o noso programa electoral á cidadanía porque pensamos que a participación cidadá é a base que rexe os principios democráticos que ten que caracterizar o funcionamento do noso concello. Animamos dende este foro a todos e todas os veciños/as de Brión a que coas súas suxestións nos axuden a mellorar.

Ningún comentario: