Os veciños e as veciñas da aldea de Gundín, na parroquia dos Ánxeles, solicitaron, a través dun escrito asinado por 48 veciños/as, á Consellería de Política Territorial unha modificación no proxecto da autovía Santiago-Brión no seu paso polo fondo da aldea. Esta modificación consistiría nun paso subterráneo na parte final da aldea, próximo ao enlace da estrada Santiago-Noia. Segundo os veciños este paso sería necesario e suficiente para permitir cruzar ás persoas e ao gando, sen ter que dar un gran rodeo cara ás propiedades do outro lado do río Pego. Así mesmo, tamén solicitaron para ese tramo final, un camiño de servizo que bordeara a Autovía pola marxe esquerda e comunicara a aldea coa estrada Santiago-Noia.
Os demandantes fixéronlle chegar unha copia do escrito ao Alcalde do Concello de Brión, co gallo de poñelo no seu coñecemento e que este inicie os trámites que estean na súa man para que este se teña en consideración

Lugar por onde se solicita o novo paso

Camiño de servizo polo fondo da aldea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario