Unha sentenza xudicial vén de dar a razón á Asociación Veciñal Torres de Altamira, que consideraba a construción dun Polígono Industrial no Monte de Pérros un desastre medioambiental de consecuencias incalculables. A postura que tomou o Concello de Brión ao declarar este solo urbanizable, puxo en pé de guerra aos veciños da zona, que contaron co apoio do BNG brionés nas súas constantes movilizacións, ante a incapacidade da alcaldía de establecer un diálogo cos veciños. Esta senteza ademais dá conta do ocultamento de informes técnicos por parte do concello, que cuestionaban claramente a viabilidade deste proxecto. O día 3 de maio resolveuse o recurso contencioso-administrativo, interposto pola Asociación Torres de Altamira contra a resolución do Concello de declarar urbanizable para uso industrial o Monte de Pérros. Nesta sentenza condénase ao Concello de Brión a que MODIFIQUE A CLASIFICACIÓN DO SOLO DA ZONA DECLARÁNDOO RÚSTICO DE ESPECIAL PROTECCIÓN. Dende estas páxinas mostramos a nosa satisfacción e consideramos un logro contribuír a frenar o desastre urbanístico que asola ao noso concello, inicitivas veciñais como esta son as que fan falla para denunciar as políticas do ladrillo que nestes últimos anos veñen modificando a paisaxe brionesa afastándoa cada vez máis dese concepto, que hoxe se mostra aínda máis abstracto, de cidade-xardín que tanto se manexa dende as tribunas minicipais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario