
Entendemos a educación como un servizo social básico e o mellor investimento en capital humano para o futuro, que debe reducir as diferenzas socio-económicas entre as persoas, ademais de ser un factor esencial para o desenvolvemento integral da Galiza. Por iso cremos que dende o Concello se poden crear bolsas de estudo, encamiñadas a reducir esas diferenzas, coa fin de que todos os alumnos/as gozen das mesmas oportunidades. Ademais parécenos básico a inclusión de unidades de Bacharelato e Formación Profesional no futuro IES, a promoción e fortalecemento de galescolas, así como a mellora das dotacións e medios nas escolas unitarias.
Actuacións: http://docs.google.com/Doc?id=dhpfj8n9_15gqbgqw
Actuacións: http://docs.google.com/Doc?id=dhpfj8n9_15gqbgqw
Carme Robledo Muíña: http://docs.google.com/Doc?id=dhpfj8n9_12cwr2rn
Ningún comentario:
Publicar un comentario