martes, 5 de xuño de 2007

CULTURA DESTINA POR PRIMEIRA VEZ AXUDAS Á CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO GALEGO.
A Dirección Xeral de Patrimonio dispón unha partida de 300.000 euros para os propietarios dos bens inmobles inventariados.
O prazo de presentación das solicitudes comeza mañá ata o vindeiro 11 de xullo.

A Consellaría de Cultura, a través da Dirección Xeral de Patrimonio, vén de convocar por primeira vez unhas axudas destinadas á conservación e restauración dos bens etnográficos galegos. O departamento nacionalista, que realizará unha achega de 300.000 euros, contribúe con esta convocatoria á campaña de concienciación social sobre o patrimonio que está a levar a cabo.

Co obxectivo de protexer, conservar e difundir o legado patrimonial do país o departamento que dirixe Felipe Arias ofrece 300.000 euros entre os propietarios de bens inmobles do patrimonio etnográfico inventariado en Galiza. Neste eido destacan os hórreos, cabazos, piornos, celeiros, cruceiros, petos de ánimas, palleiras, alpendres, pallozas, muíños, fontes, lavadoiros, fornos, pombais e outros elementos que corren grave perigo.

Ningún comentario: