GRAZAS A TODOS E A TODAS
VALORACIÓN DOS RESULTADOS ELECTORAIS DO 27 DE MAIO)
Grazas a todos e todas os que depositastes a vosa confianza na nosa candidatura e no noso programa.
Fomos a estas eleccións co obxectivo de incrementar a nosa presenza na corporación e romper a maioría absoluta do Sr. García García. Conseguimos incrementar a presenza do BNG no Concello subindo en votos, cun incremento do 23% e unha concellaría máis, pero non conseguimos o segundo obxectivo que era romperlle a maioría absoluta ao actual alcalde. De novo seguiremos outros catro anos máis coas mesmas formas de goberno: ausencia de proxectos innovadores e ilusionantes, falta dunha política urbanística equilibrada e sostíbel, e grandes deficiencias nos servizos básicos, culturais e sociais. En definitiva, seguiremos co mesmo goberno municipal que leva 28 anos rexendo os nosos destinos e cun alcalde que vén facendo da alcaldía a súa profesión.
De todas as maneiras, aprécianse algúns elementos positivos na lectura dos resultados electorais: as tres candidaturas baixo siglas de partidos parlamentarios é un elemento de avance democrático, agora todos xogamos coa mesma baralla e acabouse, o que viñeron facendo sempre os Independentes, como era o de colocarse ao sol que mais quentaba. O Partido Popular parece que empeza a recuperar o espazo perdido, e pode ser nun futuro un competidor serio, esperemos que non sexan neutralizados pola “chequera” municipal como fixeron cos seus anteriores representantes na corporación.
O grupo do alcalde, PSOE-Independentes, é unha opción en franco retroceso, perde votos e concellarías.
É certo que a sociedade brionesa é cada vez máis madura, máis plural, libre e democrática. Cada vez son máis os que saben valorar os proxectos que se propoñen para que o Concello avance e ás persoas que teñen capacidade para desenvolvelos. Dende logo que cada vez son máis, tanto en Brión como no resto de Galiza, os que están dispostos a xubilar aos vellos dinosaurios da política. Cada vez son máis os que queren espazos de goberno compartidos, gobernos de coalición equilibrados e formas de xestión con responsabilidades compartidas e transparencia nos asuntos públicos.
Nesta nova etapa desempeñaremos unha oposición seria e responsable, tomando como base de traballo o noso Programa Municipal, defenderemos propostas, iniciativas e proxectos que supoñan melloras para o conxunto da cidadanía e un crecemento sostíbel do Concello. Oporémonos rotundamente a proxectos que destrúan o territorio e con intensidade reclamaremos políticas sociais e de servizos acordes aos tempos que vivimos.
Saberemos escoitar a todos e a todas e mesmo abriremos canles de participación para que todos e todas os brioneses e brionesas vos poidades achegar ao BNG para que nos expoñades os vosos proxectos e inquietudes. Faremos do grupo municipal nacionalista unha plataforma de participación da cidadanía na vida municipal.
Todos e todas atoparedes na miña persoa e na da miña compañeira de corporación, Carme Robledo, os puntos de contacto para levar ao Concello os problemas e iniciativas das vosas aldeas, parroquias ou colectivos dos que formades parte. Tamén queremos que nos fagades chegar as vosas críticas cando o consideredes oportuno.
Comezamos unha nova etapa nova e ilusionante. Espéranos un intenso traballo pero recordade que as portas e os teléfonos do BNG de Brión estarán sempre abertas para recibir as vosas inquietudes.
Grazas a todos e a todas e ánimo.
Xesús Pena EspiñaPortavoz do Grupo Nacionalista.BNG

Ningún comentario:
Publicar un comentario