Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo e Manuel Parga Núñez, deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para a súa resposta oral en Comisión, relativa á posta en funcionamento do novo IES no concello de Brión.
No concello de Brión hai detectada, desde hai anos, unha masificación do actual IES. A comunidade educativa, así como diferentes instancias sociais, reclamaron hai xa tempo unha intervención da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que rematara coa problemática da masificación das aulas, máxime cando neste concello hai un incremento notábel da poboación tal e como se pode constatar nos datos oficiais do censo de poboación. O BNG ten feito fincapé na urxencia de dar unha solución de futuro a esta demanda educativa, tanto na pasada lexislatura como na presente.
O novo goberno bipartito fíxose eco desta demanda e no consello da Xunta celebrado o 9 de febreiro de 2006, autorizou a sinatura dun convenio co concello a fin de dotar dun novo IES en Brión.
En base ao citado convenio de colaboración a administración local cedería os terreos precisos e a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, todo o proceso necesario para a construción do novo centro de Educación Secundaria. O convenio asinado tiña como límite temporal o 31 de decembro de 2007 (podéndose prorrogar automaticamente por un ano).
A previsión de que o novo centro ía estar en funcionamento para o curso académico 2007/08, foi confirmada nunha resposta (nº 7211) remitida polo Goberno a unha pregunta formulada polo grupo parlamentar do BNG. A resposta dicía literalmente: “O novo IES de Brión empezará a funcionar no curso académico 2007/08 para substituír ao actual centro do IES de Esparís-Viceso”.
O incumprimento desta previsión é constatábel, dado que o novo centro aínda se atopa en obras.
Dada a necesidade evidente deste centro e a urxencia derivabel da súa posta en servizo, formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en Comisión:
1.ª) Cal é a valoración que realiza a Consellaría de Educación desta situación?
2.ª) Que motiva o retraso a respecto das previsións para a posta en funcionamento deste novo centro educativo?
3.ª) Que requirimentos ou actuacións ten feito a Consellaría para evitar este retraso?
4.ª) Prevé a Consellaría que este centro vai estar a disposición da comunidade educativa antes do inicio do ano 2008?
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2007.
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Manuel Parga Núñez Deputada e deputado do G.P. do BNG.

Ningún comentario:
Publicar un comentario