mércores, 17 de outubro de 2007

OS RETRASOS NAS OBRAS DO NOVO I.E.S.


O novo Instituto de Secundaria que se está a construír en Pedrouzos, ao lado do Colexio de Primaria arrastra un considerable retraso nas súas obras.
No convenio asinado, pola Sra. Conselleira de Educación Dna. Laura Sánchez Piñón e mais polo nos alcalde, ala polo mes de febreiro do 2006 contemplaba que entrara en funcionamento no presente curso 2007-2008. Logo mais tarde falouse que podería abrir as portas despois do Nadal deste ano.
O certo é que visto o retraso das obras e o que falta por facer, vai ser ben difícil que este curso os nenos e nenas de Viceso poidan inaugurar o centro.
E mentres tanto, quen paga as consecuencias? Quen é o responsable do retraso?

Ningún comentario: