xoves, 11 de outubro de 2007

MOCIÓN PARA QUE OS GMIR REALIZEN FUNCIÓNS DE VIXIANZA NO COLEXIO DE PEDROUZOS



Os Grupos Municipais de Intervención Rápida (GMIR) téñense definido como un corpo enmarcado dentro da seguridade civil dos municipios e que teñen como principal función ter unha infraestructura altamente operativa que permita dar resposta inmediata ante situacións de emerxencia que impliquen riscos para persoas ou bens materiais.

Entre as funcións concretas que, ao entender do noso grupo, deberían desempeñar os GMIR de Brión están as de prestar vixianza e coordinación nos mementos de entrada e saída dos nenos e nenas do Colexio Público de Pedrouzos. Como de todos e sabido, nos instantes de entrada e saída do Colexio prodúcense constantes aglomeracións, agravadas no momento presente polo frecuente presencia de maquinaria que realiza traballos en obras próximas ao Colexio.

Co ánimo de que os GMIR de Brión realicen unha función de vixianza e prevención sobre posibles incidentes nos momentos de entrada e saída do Colexio, este Grupo Municipal, propón á Corporación en Pleno a toma en consideración do seguinte acordo:

1.- O Goberno Municipal insta ao GMIR de Brión para realiza funcións de vixianza e coordinación nos momentos de entrada e saída ao Colexio de Pedrouzos.

2.- Esta función de vixianza consistirá , fundamentalmente, en en atender as horas de saídas e entradas ao Colexio tanto na zona onde os nenos e nenas soben e baixan dos autobuses como nas zonas onde os pais e nais os deixan e recollen habitualmente.

Brión 7 de outubro de 2007
Xesús Pena Espiña
Concelleiro-Portavoz do B.N.G.

Ningún comentario: