sábado, 27 de outubro de 2007

Novas responsabilidades locais


O BNG de Brión vén de renovar as responsabilidades locais, así o novo responsábel local é Roberto Pardal Coca e a vicerresponsábel Rocío Pérez Alfonsín. Dende estas páxinas a Asemblea Local de Brión dálles a benvida e todo o ánimo para traballar con ganas e seguir adiante co proxecto do BNG na localidade.



Achegamos o perfil dos novos responsábeis:

Coca é licenciado en Ciencias Políticas e doutorado en procesos políticos contemporáneos así como máster en Xestión e Políticas públicas. Na actualidade traballa como coordinador do programa de vivendas de aluguer dependente da Consellaría de Vivenda.



Rocío é licenciada en filoloxía galega e na actualidade traballa como normalizadora lingüística na TVG.


Ningún comentario: