venres, 9 de novembro de 2007

25 anos facendo País

O vindeiro venres 16 de novembro, as 20:30 horas, terá lugar no hotel Porta do Camiño o Acto Comarcal conmemorativo do 25 Aniversario da Fundación do Bloque Nacionalista Galego. Neste acto intervirán Ignacio Louzao, Encarna Otero, Xose Manuel Beiras, Ánxela Bugallo, Nestor Rego e Anxo Quintana. Así mesmo contarase coa actuación de Uxía Senlle.
Despois do acto terá lugar unha cea, para a cal haberá que comunicar a presenza antes do mercores 14 de novembro.

Ningún comentario: