luns, 1 de outubro de 2007

Traballo municipal

O bng de Brión vén de aprobar a moción sobre a continuidade da cidade da cultura presentada no pleno do día 25 de setembro. O noso grupo criticou o proxecto tal e como foi concebido na súa orixe, mais hoxe non ve outra solución para esta macroobra que non sexa a súa continuidade, dado o grande investimento que se leva feito e a crenza de que pode ser no seu día un referente para a cultura na liña doutras grandes obras urbanas, que no seu momento tamén crearon unha gran polémica ( guggenheim en Bilbo) e, hoxe, son a icona desas cidades.

Ningún comentario: