luns, 1 de outubro de 2007
XXV Aniversario da Festa do cabalo
Este ano celebrouse o XXV Aniversario da Festa do cabalo en Brión, é sorprendente ver como o tempo vai pasando para todos nós, e a festa permanece intacta no tempo, inmutábel, e como todo o que non muda condenada a morrer. Ten, esta festa popular, todas as características dunha primeiriza, resumidas nun soa e rotunda afirmación: NEFASTA ORGANIZACIÓN. Os que alí estivemos, recibimos as queixas de afeccionados do mundo do cabalo e dos veciños e veciñas en xeral, dende a circulación, cuns accesos imposíbeis e que en caso dunha emerxencia o lugar sería unha ratoeria, ata os tempos das pobras que comezaron con tres horas de retraso, e que deixaron ver unha improvisación e unha ineficacia propia do I Aniversario e non do XXV. Se queremos que esta festa teña continuidade hai que planificala e modernizala, porque agora non somos 100 persoas as que asistimos, agora presumimos, dende o concello, de ser miles, polo tanto a reestruturación deste tipo de eventos faise imprescindíbel, e o acondicionamento das instalacións (pistas de carreiras...) non debe ser para un só día, senón que ao longo de todo o ano deben ser un referente e un lugar onde todos os brioneses e brionesas afeccionados aos cabalos poidan disfrutar delas, como se fai con outros deportes. Menos electoralismo e máis realidade e eficacia! C. Robledo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario