A estrada local que comunica as comunidades de Gundín e Boullón e que a súa vez enlaza coa estrada - C-543 - de Noia vén de sufrir unha importante modificación debido ao trazado da nova autovía Santiago – Brión polo fondo de Gundín. O paso realizouse en túnel o que obrigou a rebaixar considerablemente o nivel que tiña antes a estrada. Agora nos días de choiva esta vía local máis que unha estrada parece unha canle de desaugue e evacuación de toda a escorrentía que baixa dende Gundín cara ao Rio Pego.
Parece evidente que hai un problema construtivo nos taludes de recheo da autovía e tamén das gabias e bocas de desaugue que deberían captar as augas da escorrentía impedindo que baixaran pola estrada. Igualmente non parece lóxico que cada vez que chove con certa intensidade as choivas despracen unha grande cantidade de terra , pedras e restos das obras cara o Rio Pego.
O problema é grave en toda a zona baixa da estrada pero especialmente xusto na parte que descorre en túnel por debaixo da autovía. Nesta zona, tal como se pode apreciar nas fotos adxuntas, é onde se acumula a maioría dos materiais arrastrados pola auga e mesmo nos días que non chove corre auga permanentemente pola vía. Sobra dicir que a circulación dos coches por ese tramo da estrada é altamente perigoso, mesmo en dias sen choivas.
Por estes motivos é polo que o noso grupo presenta oa Pleno, para a súa aprobación a seguinte proposta:
1.- Que o Concello en Pleno tome o acordo de dirixirse a Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia para realice as obras necesarias na autovía Santiago- Brión na zona do túnel da estrada de Gundín a Boullón ao fin de evitar que as augas das choivas despraen grandes cantidades de todo tipo de materiais pola estrada abaixo cara ao Rio Pego e que sexan un elemento altamente perigoso para a circulación rodada.
2.-Que o Concello preste unha especial vixianza na zona do túnel limpando as terras e outros materiais depositados, e desvíe as augas que descorren por debaixo do túnel cara a outros lugares onde no cause danos.
Brión 27 de xaneiro 2008
Xesús Pena Espiña
Concelleiro-Portavoz do BNG

Ningún comentario:
Publicar un comentario