martes, 19 de febreiro de 2008

Acto Público do BNG en Brión

O pasado 25 de Xaneiro tivo lugar na nosa localidade un acto público no que intervirón, o noso compañeiro Roberto Pardal Coca, o Portavoz Parlamentar, Carlos Aymerich e a candidata número 2 pola provincia da Coruña, Elvira Cienfuegos.
Todos os intervintens destacaron que dende o BNG "temos o convencemento de que Galiza necesita que o nacionalismo galego sexa decisivo na gobernabilidade do estado", e que o vindeiro 9 de marzo non se van a dar maiorías absolutas nas urnas.
Os asistentes, arredor de 70 persoas, achegaronse dende toda a comarca e abarrotaron o salón de actos. Entre outros, asistirón ao acto o responsábel comarcal, Inacio Louzao, a responsáble de acción feminista do BNG, Rosario Fernández Belho, e o deputado provincial, Xoán Cabo.
Agradecer, en calquera caso, a boa disposición que en todo momento atopamos por parte do Hotel Balneario Compostela á hora de realizar o acto.

Ningún comentario: