mércores, 20 de febreiro de 2008

PUNTO NEGRO NA AUTOVÍA DE BRIÓN

A inauguración da nova autovía Santiago- Brión o pasado venres 15 de febreiro vén a fornecer a nosa rede viaria dun novo punto negro: na saída en Gudín (Brión), no enlace da autovía coa estrada AC-543 de Santiago a Noia, onde xa se produciron varios accidentes un o sábado e dous o luns.
O grupo de BNG de Brión denunciará estes feitos mediante nunha moción que se vai levar ao próximo pleno do Concello, para que se tomen as medidas oportunas para solucionar esta situación que consideramos inadmisibel. Na moción vamos propoñer que o Concello de Brión se dirixa a Dirección Xeral de Obras Públicas para que canto antes se corrrixa as graves deficiencias nos accesos a estrada de Noia en Gundín. Esta mesma proposta farémola chegar á Conselleria de Obras Públicas en nome do Grupo Municipal do BNG e mesmo formularemos unha interpelación no Parlamento galego mediante o grupo parlamentar do BNG
O certo é que non é normal que para acceder á estrada de Noia haxa que atravesar o carril dos que se incorporan cara a Santiago, creando unha situación de alto risco e, ademais cuns accesos que crean confusión aos usuarios e cunha deficitaria sinalización. Certo que a autovía se inaugurou dous meses antes do previsto, e certo tamén que chegamos moi axiña a Santiago pero esperamos que non sexa a custo de vidas humanas e que o noso refrán “as présas non son boas” quede só niso: nun refrán.

Ningún comentario: