O grupo do BNG xa ten denunciado ante este pleno deficiencias que se están a padecer nas instalacións deportivas e recreativas no noso concello, moitas delas semellan formar parte dunha desidia difícil de explicar tendo en conta os medios, tanto humanos coma materiais, cos que conta o concello. O que hoxe nos ocupa é o estado da cuberta do pavillón de deportes de Pedrouzos que traduce nas numerosas pingueiras que se producen, mesmo en días de pouca choiva, e que poñen en risco a integridade física dos que utilizan este servizo, xa que son moitas as caídas provocadas polo pavimento esvaradío.
Conven recordar que esta instalación deportiva é utilizada a diario moita xente , na súa maioría xente moza e infantil polo que debería atoparse nun estado óptimo para o desenvolvemento das actividades deportivas coas mellores garantías de seguridade.
Por estas razóns o noso grupo solicita ao concello en pleno que tome en consideración a seguinte proposta:
1.- Solicitar ao Goberno Municipal le poña fin a esta situación de deterioro do Pavillón de deportes de Pedrouzos provocado polas numerosas goteiras e se arranxa e debidamente o tellado .
Brión a 25 de xaneiro de 2009
Ningún comentario:
Publicar un comentario