xoves, 14 de maio de 2009

PROPOSTA SOBRE O APROVEITAMENTO DE MOBLES USADOS

Aínda que o noso concello non se adheriu aos acordos adoptados no 1995 en Aalborg, que deu lugar á Axenda 21 local, cremos que é moi importante tomala como modelo de diagnose e formulación de políticas municipais de sostibilidade. Reducir a produción de residuos e fomentar a cultura de reutilización e a reciclaxe é un dos principios da carta de Aalborg. Se a isto engadimos a entrada nun período de crise a nivel mundial, cómpre que recapacitemos sobre os nosos hábitos de consumo, e que dalgún xeito llo transmitamos á cidadanía e lle deamos mecanismos necesarios para modificar eses hábitos. Por iso o noso grupo propón que se habilite un espazo, unha vez ao mes ou cada dous meses, para que os veciños/as depositen os mobles que consideren inútiles (non estragados) para que outros veciños/as poidan ir recollelos e facer uso deles. Non se trataría de que estivesen expostos moito tempo, só unhas catro ou cinco horas, para que os camións do lixo puidesen recollelos pola noite coa fin de manter limpo o espazo que se habilitase para tal fin.
O noso grupo solicita ao concello en pleno que aprobe esta proposta e que poña en marcha os mecanismos necesarios para a súa consecución.

Ningún comentario: