mércores, 10 de xuño de 2009

s.o.s pola vivenda protexida


A intención da Xunta do PP de cambiar “integramente” a política de vivenda elaborada pola anterior conselleira do BNG Teresa Táboas some na incerteza os 29.523 galegos que a día de hoxe están inscritos nos Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida.

Hai un ano o número de demandantes de vivenda protexida en Brión era xa de 100 persoas e é moi previsible que no momento presente esa demanda se achegue aos 250.

O Plan Sectorial de Solo Residencial dotaba a Brión cunha actuación concreta no lugar de Pedrouzos, no prédio “Villa Amalia”, un espazo conectado coa AC-451 que dá acceso á vía rápida Santiago-Noia. Delimitouse unha superficie de 55.527 metros cadrados nos que está prevista a construción de 187 vivendas protexidas e outras 47 vivendas de prezo limitado.

O obxectivo fundamental é xerar un novo tecido urbano ao oeste do núcleo definido e crear unha ampla zona verde, de 24.000 metros cadrados, 4.000 metros para zona de equipamentos e 147 prazas de aparcadoiros. Esta actuación supón un investimento de 4,9 millóns de euros que o novo Goberno do PP na Xunta quere deixar en nada

Polo exposto anteriormente, o BNG de Brión propón que o Concello en Pleno tome en consideración a seguinte proposta:

1. Que o Concello se dirixa á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, da que depende o Instituto Galego de Vivenda e Solo para reclamarlle que manteña vixente o Plan Sectorial de Solo Residencial elaborado polo anterior goberno bipartito da Xunta e que, igualmente, se manteña aberto o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida.

2. Comunicar á Cosellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, que Brión necesita eses cupos de vivenda protexida que o Plan lle asigna.
Brión de xuño de 2009

Carme Robledo Muiña Xesús Pena Espiña

Grupo Municipal do BNG de Brión

Ningún comentario: