martes, 20 de outubro de 2009

PROPOSTA SOBRE MEDIDAS CORRECTORAS A APLICAR Á EMPRESA ECOWARM DE GALICIA-RESIFOR




Ecowarm de Galicia é unha empresa dedicada á densificación de biomasa e subprodutos da industria de 1ª transformación da madeira, para a elaboración de combustibles ecolóxicos destinados tanto a uso doméstico como industrial. Posúe unha planta industrial en San Xulián de Bastavales no lugar de Coruxido, xa no límite co veciño concello de Rois

Comeza a súa actividade no ano 2006 se ben a instalación industrial xa existía con anterioridade pero é neste ano cando instala un novo silo e se dedica á nova actividade sen licenza de ningún tipo, segundo denuncian veciños afectados. Aínda que a obra foi paralizada logo foi legalizada e continuou coa súa actividade. Non está localizada en chan industrial, senón na proximidades da aldea de Coruxido, rodeada de casas.

Pola súa banda RESIFOR, segundo consta en publicacións do IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía) do Ministerio de Industria, foi instalada no ano 1986 no mesmo lugar da anterior e parece que a sociedade segue activa xa que cando menos aparece como empresa autoriza instaladora no momento presente polo INEGA (Instituto Enerxético de Galicia). Adícase, tamén segundo o IDEA, á fabricación e comercialización de pelets de madeira.

Parece ser que tamén no momento presente ECOWARM – RESIFOR se dedican á produción de electricidade por conxeneración

Recentemente veciños e veciñas da zona de Coruxido veñen de recoller sinaturas para protestar polas molestias que, dende o ano 2006 vén ocasionando esta instalación. Afirman, os veciños, que é despois do 2006, cando a sociedade amplía a actividade, cando as molestias son maiores, fundamentalmente ruídos, e denuncian, tamén que ao longo deste ano 2009 os ruídos son moito máis elevados, producíndose dende as primeiras horas da mañá até altas horas da noite.

Por todas estas circunstancia é polo que o grupo do BNG propón ao Pleno a toma en consideración da seguinte PROPOSTA:

1. Que o Goberno Municipal comprobe se as sociedades ECOWARM –RESIFOR están desempeñando as actividades industriais para as que foron autorizadas.


2. Que o Goberno Municipal comprobe se os horarios de actividade se corresponden cos autorizados.

3. Se a emisión de ruídos e outros elementos contaminantes están dentro dos parámetros das actividade nocivas e perigosas para as que teñen autorización.

4. No caso negativo, que o Goberno Municipal tome as medidas oportunas de apercibimento de corrección dos incumprimentos ou clausura das instalacións.


Brión 15 de outubro de 2009

Carme Robledo Muíña

Xesús Pena Espiña

Ningún comentario: