sábado, 24 de outubro de 2009

PARA @S VECIÑOS/AS DE AS HORTENSIAS

O grupo municipal do BNG de Brión ven de presentar no Pleno do mes de outubro o seguinte rogo que o Sr. Alcalde se comprometeu a estudar e solucionar:
“Os accesos dende a urbanización das Hortensias nos Ánxeles cara á estrada dos Ánxeles a Pedrouzos (AC 451) pola beira do río Pego é sumamente dificultoso. O acceso dende a urbanizacion cara á estrada cando se intenta torcer á esquerda carece de visibilidade, de maneira que é preciso invadir case totalmente o carril de baixada, mesmo que se vire á dereita, cara á rotonda da autovía, a visibilidade é escasa e as saídas sempre perigosas.

A solución ao problema sería a colocación, xusto na fronte da saída un espello cóncavo que permita a visibidade á esquerda e á dereita. Polo que lle rogamos que o Goberno Municipal tome as medidas oportunas.

Carme Robledo Muíña e Xesús Pena Espiña
Grupo Municipal do BNG

Ningún comentario: