xoves, 11 de marzo de 2010

PROPOSTA PARA CORRIXIR O MAL FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS QUE PRESTA FENOSA

Axuntamos a moción que vimos de presentar no rexistro do Concello en relación as deficiencias na subministración eléctrica en certas zonas do Concello. Tratáse dun problema que xa ven de vello. En outras ocasións forona frecuentes os cortes nas zonas de Bastavales e nos Anxeles, daquela eran cortes intermitentes non de longa duración, pero que teñen causado graves prexuizos aos usuarios, xuntamente por ser intermitentes.

Nos últimos tempos , último mes, vólvense a producir cortes frecuentes na zona de Liñares e tamen en Boullón e O Cabo. O problema é especaialmente grave e frecuente en Liñares o que ten levado aos veciños da zona a realizar unha recollida de sinaturas para denundciar os feitos.
Tamén se da o problema na zona de Os Anxeles, por exemplo o pasado domingo houbo un corte de luz que durou desde a tres da tarde ate a oito da noite, e mesmo pola noite houbo algún corte intermitente.
A nosa proposta é que o Concello reclame a FENOSA a resolución das deficiencias e que tamén se poña en coñecemento da Consellería de Industria estes feitos.

"O noso grupo tense dirixido a este concello en distintas ocasións e a través de mocións e preguntas sobre o mal servizo, xa endémico, na subministración eléctrica da empresa FENOSA. Temos dito que esta situación é propia dun concello pertencente a unha república bananeira e que alguén terá que asumir as responsabilidades desta disfunción nos servizos eléctricos que tanto prexudica aos cidadáns. Cremos ademais que xa non serven escusas e que isto ten que mudar de xeito inmediato.

De novo volven a aparecer deficiencias no servizo. Cortes de luz, como os ocorridos o domingo día 7 de marzo ao longo do día na zona de Os Ánxeles, e os constantes cortes no subministro na zona de Liñares e Boullón ao longo do último mes e que mesmo ten provocado unha recollida de sinaturas entre os veciños e veciñas de Liñares afectado/as. Non parece que os cortes se deban aos problemas dos temporais xa que son moitos os que se dan en dias de calma, como os do pasado día 7.

É por iso polo que solicitamos ao Concello en pleno que tome en consideración a proposta seguinte:

1. Que o Goberno Municipal faga as xestións oportunas e urxentes para solucionar este problema que afecta a boa parte da poboación brionesa e que acade un compromiso coa compañía eléctrica FENOSA esixíndolle pór fin a esta lamentábel situación.

2. Dar conta deste mal servizo que presta a compañía FENOSA á Consellería de Industria para que a Xunta de Galicia tome as medidas oportunas."


Brión 9 de marzo de 2010


Carme Robledo Muíña

Xesús Pena Espiña

Ningún comentario: