luns, 21 de febreiro de 2011

Remitimos pregunta que nos fixo chegar un veciño de Vilariño dos Cunqueiros co rogo que a fagamos chegar oa Pleno.

Remitimos pregunta que nos fixo chegar un veciño de Vilariño dos Cunqueiros co rogo que a fagamos chegar oa Pleno.
Di textualmente o que sigue:

“Bos días:

Dirixome a vostedes para transmitirlles a miña preocupación a cerca dunha nova que se publicou no voceiro do grupo socialista do concello este pasado mes de xaneiro. O titular é o seguinte: “ Brión único municipio con saneamiento en todos os fogares”. Dentro do contido cítase “Rematar o saneamiento integral de Brión é un dos compromisos que a candidatura encabezada por Xosé Luis García adquireu cos veciños en 2.007. Brión é un dos poucos concellos galegos cun saneamento de auga que chega ao 100% das localidades. Os 428.000 euros do plan Zapatero de 2010...”
Compre dicir, falando de porcentaxes, que non é verdade ao 100%. Remontámonos uns meses atrás, na revista Altamira do propio concello, nas novas referentes ao saneamiento (páxina 3) no corpo da nova cita: “As únicas excepcións serán Vilariño dos Cunqueiros e Ruibal, aldeas onde están habitadas dúas casas que terán unha solución particular para cada unha”

E eu lles pregunto: ¿Por qué? e ¿Cando?. ¿Por qué?, refírome a este trato discriminatorio cara estas dúas aldeas. Concretamente no caso de Vilariño dos Cunqueiros, só están habitadas dúas casas, certo, pero tamén é certo que as outras, concretamente catro están en perfecto estado e habitadas prácticamente todos os fins de semana, e só unha en estado ruinoso, e que cumpren obligatoriamente cos seus deberes e obrigacións relixiosamente. Por tanto se o problema é demográfico, non entendo o porqué unhas si (casos de A Igrexa ou Amanecida) e outras non (os citados anteriormente). E se prefiren non facelo, como é o caso, ¿Cal é a solución “personalizada” para cada unha das casas? E ¿Cándo se vai a facer efectiva?, porque dos 428.000 euros da partida ornamentaría destinados ao saneamento , Vilariño dos Cunqueiros non veu nin un céntimo. Aproveito a ocasión para comentarlles que o estado das pistas é lamentable, co perigo que ocasiona isto para peóns e conductores.
Sin mais, e agradecéndolle de antemán a atención amosada, envíolles un cordial saúdo.


ATENTAMENTE,
VECIÑO DE VILARIÑO DOS CUNQUEIROS (CORNANDA)”

Ningún comentario: