venres, 4 de marzo de 2011

A presentación do protocolo sobre a violencia de xénero. Crítica

“A presentación do protocolo sobre a violencia de xénero tivo lugar no auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos, ante unha treintena de representantes de asociacións, institucións e entidades que participaron activamente na súa elaboración. Entre eles había miembros das forzas de seguridade de Brión, da comunidade educativa, do centro médico, dos servizos sociais, do Xulgado de 1ª Instancia de Negreira,e das asociacións cidadás. Na súa intervención o alcalde brionés, o socialista Xosé Luis García, sinalou que para porlle freo á violencia de xénero temos que colaborar todos xuntos.”
Estas son as palabras que rezaban nun coñecido medio de comunicación escrita sobre o acto de presentación do protocolo sobre a violencia de xénero, esa lacra que parece non ter fin, e por iso aplaudimos todas as medidas encamiñadas a erradicar a violencia machista.

Houbéranos gustado estar nese acto, porque tamén os grupos políticos da oposición participamos activamente na elaboración do protocolo. Gustaríanos ter intercambido opinións coas outras entidades participantes e ofrecerlles a nosa total disponibilidade porque, como, di o alcalde, “temos que colaborar todos xuntos”.
Pero, que mágoa non ter recibido ningunha notificación deste acto por parte do concello! Que vergonza nos dá que os outros participantes pensen por algún momento que aos do BNG de Brión, representados humildemente, pero dignamente por un concelleiro e unha concelleira, non nos interesen estes temas.
Que podemos nós facer nada máis que pedir aos brioneses e brionesas que disculpen ao seu alcalde por estes lapsus (bastante frecuentes, por certo), porque necesitamos crer que foi un lapsus e non unha indignidade pola súa parte o non ternos notificado a presentación do Protocolo.

Carme Robledo Muíña
Concelleira

Ningún comentario: