XESÚS PENA ESPIÑA, concelleiro do Bloque Nacionalista Galego (BNG).
EXPON:
Que unha vez coñecida a sentenza ditada pola Sección 2º da Sala do Contencioso-administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación ao recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación “TORRES DE ALTAMIRA” contra a resolución do Concello de declarar no vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana ao monte de Perros como solo urbanizable para uso industrial.
Tendo en conta que na citada sentenza se anula o proxecto do polígono de Perros e en consecuencia se condena ao Concello a cambiar a clasificación do monte de Perros como de solo urbanizable para uso industrial a solo rústico de especial protección.
Tendo, igualmente, en conta que contra esta sentenza tan só cabe “recurso de casación” no Tribunal Supremo no prazo de dez días.
ESTE CONCELLEIRO NO CUMPRIMENTO DAS SÚAS OBRIGAS SOLICITA:
1.- Que o Sr. Alcalde teña a ben convocar ao Concello en Pleno para debater sobre a situación creada pola anulación do proxecto do polígono de Perros e que medidas tomar.
Brión 8 de maio de 2007
Xesús Pena Espiña
Concelleiro do B.N.G.
Ningún comentario:
Publicar un comentario