Un novo curso político dá comezo, e ao BNG de Brión tamén lle toca poñerse as pilas.
Comezamos informando do pleno que terá lugar o día 5 de setembro ás 13 horas. Si ¡ás 13 horas!, horario insólito, que vimos denunciado dende tempos inmemoriabéis e que seguimos e seguiremos denunciando. Pero é normal que sexa a unha do mediodía , así ningún cidadán pode asistir, e polo tanto non pode saber o que se coce nas perolas do seu concello (non será nada bo), ao contrario de lugares como Vilasantar (A Coruña) que teñen que habilitar unha sala especial pola gran cantidade de público que asiste aos plenos, e parece ser que é algo que lle gusta a todo o mundo, porque non hai nada que ocultar e moito por facer e dicir. En fin! non perdemos a esperanza e quizais consigamos que os plenos se celebren polas tardes coma en todos os concellos da comarca compostelán. Con todo para aqueles e aquelas que poidan vir aí lles vai a orde do día:
1. Acta anterior.
2. Decretos habidos dende a celebración da última sesión ordinaria.
3. Actividades clasificadas.
4. Expediente de modificación de créditos.
5. Modificación de ordenanzas fiscais.
6. Calendario laboral 2007.
7. Rogos e preguntas.
O Grupo municipal de Bng de Brión está ao voso servizo. Terra a nosa!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario