martes, 18 de decembro de 2007

DEBATE ORZAMENTOS 2008 A NOSA POSICIÓN

1.- Convén recordar ao inicio do debate:
a) A importancia do orzamento como documento vertebrador da situación económica e social do concello, pauta das liñas prioritarias da acción de goberno e guía estratéxica para o futuro do noso concello.
b) A importancia de incentivar a participación cidadá e contas transparentes no camiño do que que se vén chamando “orzamentos participativos”.
2.- NON entramos no debate en se son CONTINUÍSTAS, REFORMADORES OU CONSERVADORES, só diremos que son os seus orzamentos como veñen sendo nos últimos 30 anos, unicamente con máis diñeiro e mellorados tecnicamente.
3.- Seguen sendo escasamente inversores: 29,5% en investimentos reais fronte o 68,19% en gastos correntes dos que o 31,88% corresponden a gastos de persoal. É maior o gasto en persoal (2.062.573,47 €) que o que se inviste en inversións reais (1.910.035,18 €)
4.- Entre as partidas de gastos, o noso grupo bota de menos liñas de acción que irían colocando ao noso concello á altura dos novos tempos cun maior nivel de benestar social, maior calidade na prestación de servizos e un crecemento económico sostible.
Partidas que, ou ben carecen de dotación orzamentaria, ou ben levan unha dotación moi cativa e que se deberían destinar prioritariamente as seguintes liñas de acción de goberno:
1- Promoción de vivenda pública: sen partida
2.- Equipamentos públicos para o ocio e o lecer (carril bici paralelos aos novos viais e recuperación marxes do río Pego). Escasamente dotada
3.- Solo industrial ( Polígono intermunicipal de Os Barreiros): sen partida
4.- Promoción turística: sen partida
5.- Promoción de emprego eficiente, conciliación laboral e políticas de igualdade: partida escasa e pouco eficiente
6.- Máis Becas e axudas ao transporte para estudantes: partida escasa
7.- Políticas medio-ambientais: sen partida
8.- Cooperación INTERNACIONAL: partida irrisoria.
Posiblemente se no concello houbese un auténtico equipo de goberno con persoas capacitadas e responsabilidads compartidas, con políticas máis decididas e menos rutinarias varias destas liñas de acción, que nos propoñemos, poderían ser financiadas ou co-financiadas por outras Administracións.

5.- Pola contra no proxecto que se nos presenta para a súa aprobación deberíanse reformular, cando menos, os seguintes aspectos.
1.- A política de persoal. Ao noso entender, é excesivo o gasto en persoal seguramente derivados dun cadro de persoal, fundamentalmente o laboral, pouco adecuado as necesidades reais e aos servizos que se deben prestar, e si máis en función dos intereses políticos do grupo gobernante.
2.- Son excesivos os gastos en enerxía eléctrica e combustibles, seguramente derivados da carencia de políticas de aforro e eficiencia enerxética.
3.- Son escasas as partidas adicadas a ACCIÓN SOCIAL no referente á calidade e eficiencia dos servizos que se prestan.
4.- As partidas adicadas a SEGURIDADE son simbólicas, o mesmo que o no exercicio 2007. A proposta de tres gardas vai ser insuficiente e inoperativa, no caso de que este exercicio entre en servizo.
5.- As partidas para a PROMOCIÓN DE EMPREGO con un total de 192.811,92 € non teñen dado ningún froito
6.- Nas partidas dedicadas á CULTURA teñen un excesivo peso os gastos en atencións protocolarias, publicidade e propaganda e festexos populares. Como investimento aparece o famoso auditorio por un total de 179.270€ que non sabemos o que é nin como se finanza e que intuimos que é unha partida para inflar o orzamento, o mesmo que no exercicio pasado, cando tamén aparecía esa partida pero dotada con 303.000 € que evidentemente non se executou.

As nosas propostas e as nosas críticas, que xa sei que non van ser tomadas en consideración, pero certamente que configurarían un orzamento netamente distinto ao de vostedes que nos non compartimos.

EN CONSECUECIA O NOSO VOTO E UN VOTO POSITIVAMENTE NEGATIVO

Carme Robledo e Xesús Pena
Grupo Municipal BNG de Brión

Ningún comentario: