venres, 23 de maio de 2008

MOCIÓN PARA A INSTALACIÓN DE PASOS DE CEBRA E SEMÁFOROS NA ROTONDA DA AUTOVÍA COA ESTRADA AC- 451






Dende que se teñen rematado as obras da autovía Santiago–Brión (AG-56) e unha vez entrada en servizo, o noso grupo veu facendo un seguimento e denuncia das máis diversas deficiencias, sempre co ánimo de que se resolvesen. Temos denunciado problemas cos valados das vías nalgunhas zonas, escasa iluminación nas rotondas, indicadores confusos, problemas de escorrentías nalgún talude, escorrentías e lameiras no túnel de Gundín a Boullón e problemas e deficiencias na sinalización no enlace da autovía coa estrada AC- 543 en Gundín, este xa calificado como un punto negro aínda sen solucionar e onde se seguen a producir accidentes.

De novo volve aparecer un punto conflitivo nas rotondas do Río Pego onde se atopa a saída a Brión e Os Anxeles (S-10) no entronque da estrada dos Anxeles con Pedrouzos (AC-451) coa autovía. Nesta zona existen dúas rotondas: unha de acceso e saída á autovia (S-10) e outra de enlace da autovía coa estrada (AC-541) que comunica Os Anxeles con Pedrouzos . En ningunha das dúas están sinalizados os pasos de peóns, o que obriga ás xentes que teñen que acceder ás distintas urbanizacións, instalacións deportivas e educativas e ao parque do Río Pego, a cruzar por onde boamente poden, co conseguinte risco de ser atropelados. É especialmente grave para os nenos e nenas que acoden a estas instalacións, así coma para as persoas maiores que van pasear ao parque citado.

Cremos que deberían, en ambas rotondas, marcarse pasos de cebra, debidamente sinalizados e iluminados, así como algún semáforo, especialmente na rotonda do enlace da estrada dos Ánxeles- Pedrouzos (AC-451)

En vista do exposto o Grupo do BNG propón ao concello en pleno a toma en consideración da seguinte proposta:

1. Que o Sr. Alcade faga as delixencias oportunas nos organismos correspondentes para que se subsanen urxentemente estas deficiencias.

Brión 21 de maio de 2008


Carme Robledo Muíña Xesús Pena Espiña
Concelleira Concelleiro-Portavoz

Ningún comentario: