O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza deulles de novo a razón ao colectivo veciñal "Torres de Altamira" ao anular sen paliativos o Plan Parcial que prevía a reserva de solo industrial no monte de Perros.
Ao igual que o pronunzamento anterior que anulaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal no referente explicito ao desenvolvemento da superficie industrial, o TSXG dalle a razón en todos os puntos ao colectivo veciñal, anulando este plan.
Así, neste senso o TSXG entende que a calificación do solo debera ser a de rústico de especial protección. Do mesmo xeito, a sentenza sinala que non se presentou unha razón que xustifique o emprazamento dun parque empresarial na zona, máis aló da dificultade para a súa explotación forestal.
Así pois, o BNG de Brión dálle a noraboa aos veciños e veciñas que loitaron e demostaron que a cidadanía precisa e quere ter voz nas decisións públicas, que nos afectan a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario