luns, 4 de maio de 2009

VICESO: QUE SE CUMPRA A LEI. QUE A IGREXA RETIRE A PLACA EN HOMENAXE AOS CAIDOS "POR DIOS Y POR LA PATRIA"


En relación ao malestar expresado por un grupo de veciños de Viceso, familiares directos de caídos na Guerra Civil polo bando franquista e cuia relación figura nunha placa exposta no exterior da Igrexa de Viceso, o grupo municipal do BNG, que foi quen levou a proposta ao Pleno do Concello, quere manifestar o que sigue:

1- O noso máximo respeto para as persoas que deixarón as suas vidas na Guerra Civil. Non entramos en consideacións persoais nin as causas polas que o conflito colleu a uns veciños nun bando e e a outros no outro, tampouco pretendemos ferir a sensibiliade dos parentes dos falecidos. Esto mesmo xa o expresamos no Pleno.
2- O noso grupo unicamente quere que se cumpra coa lei 52/2007 aprobado no Parlamento español que no artigo 15 di textualmente o que sigue:
“ Las Administraciones públicas, en el ejercicio de sus competencias, tomarán las medidas oportunas para la retirada de escudos, insignias, placas y otros objetos o menciones conmemorativas de exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil y de la represión de la Dictadura. Entre estas medidas podrá incluirse la retirada de subvenciones o ayudas públicas.”
Na nosa opinión é evidente que a devandita placa é un elemento de •”exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil” xa que se atopa nun lugar de uso público e encabezase o listado coa frase de “CAIDOS POR DIOS Y POR LA PATRIA” no é, logo, unha mención de estricto recordo privado sin exaltación dos enfrentados, polo demais non ten nigun valor nin artístico nin arquitectónico.
2- O nos grupo non tería ningun problema en que no lugar da placa da Igrexa de Viceso se colocara outra, en Viceso ou en calquera outro lugar público, onde aparecerán unha relación de tódolos caidos e represaliados de Brión durante Guera Civil con unha mención expresa o que a propia lei indica no seu preámbulo: “los ciudadanos tienen derecho a que los símbolos públicos sean ocasión de encuentro y no de enfrentamiento, ofensa o agravio”. Esto sería a millor manifestación de respecto e homenaxe ás víctimas da Guerra.
Brión 28 de abril 2009
Xesús Pena Espiña
Concelleiro-portavoz do BNG de Brión

2 comentarios:

Anónimo dixo...

E tamén hai que quitar a placa que se atopa na igrexa de Bastavales, é una ofensa para todolos veciños.

Anónimo dixo...

Non parece lóxico deteriorar nin o patrimonio nin a memoria. O que debería facerse é poñer unha placa cos que faltan. Os veciños que morreron o fixerón por obriga non por escolla. E mais todos eles, fose cal fose o bando no que loitarón, forón obrigados e temos que lembrarlos a todos. 50 anos despoís no podemos xerar crispación nas aldeas.