luns, 13 de xullo de 2009

Pleno de Brión aproba a proposta do BNG de pedirlle á Xunta que manteña a gratuidade dos libros


O grupo nacionalista presentamos unha prospota no pleno para que a corporación instara ao goberno da Xunta a manter a gratuidade dos libros de texto para o curso que ven. Esta medida proposta polos populares vai supor un importante sobrecusto nas economías familiares galegas, xa que o suposto aforro que se anuncia dende a Consellaría de Educación vai ter que ser asumido polas familias.
Unha familia cuns ingresos arredor dos 1000 euros por cada un dos membros, cunha filla ou un fillo non tería ningún tipo de axuda para mercar os libros de texto no vindeiro curso. Así mesmo, o sistema que viña utilizando o goberno anterior no que participou o BNG fomentaba a cooperación e reducía de maneira importante o custo total dos libros. Ainda que o gasto que Educación preveé para o vindeiro curso para estas axudas é de 70 millóns de euros polos 73 do anterior goberno, o custo total dos libros será 3,2 veces supeiror, polo que o sobrecusto terá que ser asumido polas familias galegas. E todo isto, sen ter en conta o importante aumento no consumo de papel que, de maneira innecesaria se desprende desta reforma.
Por todo isto o Pleno tomou o acordo de instar á Xunta para que manteña a gratuidade dos libros de texto. O grupo do Partido Popular votou en contra da proposta que dende o grupo nacionalista presentamos, non sabemos moi ben se por disciplina de voto e lealdade, ou, se cadra, por que entenden que a educación (ao igual que a sanidade ou os servizos sociais) non deberá ser pública e gratuita, con todas as garantias que iso supón para a cidadanía.
En calquera caso, os populares de Brión van lle ter que explicar a moitas familias brionesas por que, desta volta non van poder acceder aos libros de texto de maneira gratuita.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Gratuidade e' unha cousa, e pre'stamo outra ben diferente. E iso e' o que vos propoñedes e non decides.

Bng de Brión dixo...

O feito é que antes as familias non tiña que pagar nada e para o curso que entra unha boa parte delas si o terán que facer. E se miramos o gasto que vai supor este vai ser 3.2 veces superior ao feito polo goberno anterior. É certo que se reduce o gasto para a administración , en aras desa suposta austeridade (que habería que discutir se é positivo que o estado deixe de xerar consumo nunha crise coma esta), pasando de 73 millóns a 70. Pero o resto do gasto, moi superior ao feito polo anterior goberno, vai reacaer unica e exclusivamente nas familias galegas.