sábado, 16 de xaneiro de 2010

Moción relativa a unha proposta de axuda urxente para a República de Haití

Sabemos polos medios de comunicación dos gravísimos danos que ven de producir un forte terremoto na República de Haití. Os mortos e desaparecidos cóntanse xa por decenas de miles e os danos materiais son incalculables. Tanto as ONGs de axuda, a ONU como diversos gobernos están a facer dramáticos chamamentos á solidariedade e realizando o envío urxente de axudas e medios.

Salvar vidas, dar de comer e de beber, subministrar medicamentos básicos, recuperar e dar sepultura aos numerosos mortos e desaparecidos parece que son as tareas prioritarias e urxentes nas que se está a traballar.

A Organización Local do B.N.G. de Brión recibindo o eco das secuelas da catástrofe e recollendo os chamamentos das distintas organizacións de axuda solidaria queremos implicar a toda a cidadanía nunha campaña de axuda solidaria global. Entendemos que os concellos son excelentes institucións onde se pode fomentar a solidariedade poñendo os medios necesarios para que os cidadáns que, voluntariamente queiran axudar, o poidan facer comodamente e o mesmo tempo con garantías de bo destino das súas axudas.
Neste sentido temos a ben propoñer ó Goberno Municipal as seguintes medidas de carácter urxente:

1.- Aportar unha dotación en diñeiro directamente polo Concello destinada a paliar as necesidades mais urxentes dos afectados polo terremoto. Simbolicamente poderíamos aportar 50 céntimos de euro por habitante.

2.- Realizar unha campaña de información facendo un chamamento á solidariedade e indicar a tódolos cidadáns onde poden facer efectiva as súas axudas.

3.- Abrir unha conta bancaria para que tódolos cidadáns de Brión poidan facer apartacións económicas.

Brión a 14 de xaneiro de 2010


Carme Robledo Muíña
Xesús Pena Espiña

Ningún comentario: