mércores, 2 de xullo de 2014

Galiza ten dereito a unha tarifa eléctrica propia como produtora excedentaria de enerxía


O actual modelo eléctrico é ineficiente, irracional e caro, deseñado á medida das catro grandes compañías eléctricas e contra os consumidores, tanto familias como empresas, que soportan a factura máis cara de Europa e un incremento do 77% no recibo da luz nos últimos cinco anos, mentres as eléctricas españolas obteñen beneficios que case triplican os das súas homólogas europeas.

mércores, 9 de abril de 2014

As sancións a emigrantes retornados

A deputada do BNG Ana Pontón durante o acto
O pasado 13 de novembro tivo lugar na Casa de Cultura do noso Concello unha charla sobre as sancións de Facenda a emigrantes retornados e como facerlles fronte. Nesta charla contamos coa presenza de Ana Pontón, deputada do BNG no Parlamento de Galiza, e de Xosé Manuel García, membro da Plataforma de afectados, á parte do noso concelleiro, Xesús Pena, e do responsábel local, Xosé L. Penas.

Contamos ademais coa participación de moitos veciños do noso concello, que puideron expresar as súas problemáticas persoais sobre como actuar en referencia aos expedientes xa iniciados, sobre todo o tema dos xuros de demora froito deses expedientes. A nosa deputada remarcou o feito do afán recadador desta medida e, sobre todo, de que é un afán recadador que se leva a cabo, unha vez máis, cos máis indefensos e necesitados, xente que no seu día tivo que emigrar do noso país, achegar ingresos ao mesmo, e agora, unha vez máis, vense castigados pola política abusiva e sen escrúpulos de ningún tipo.

mércores, 19 de marzo de 2014

A reforma local do PP: menos servizos, menos benestar e menos democracia


A reforma local do PP vai supor a perda de servizos públicos e sociais que a día de hoxe estamos a recibir do noso concello.

Supón recortar estes servizos, privatizar os que queden e invadir competencias dos municipios en beneficios das deputacións (eses órganos tan democráticos!) ou de empresas privadas xestionadas por amizades do partido. En definitiva, vai repercutir na nosa rutina cotiá e na calidade de vida. Un paso mais na estratexia global de recortes e máis recortes co agravante de que invaden competencias directas do Concello, que ao final é o órgano de proximidade cos veciños e aqueles que teñen unha conciencia máis clara e directa de cales son as necesidades diarias. É, ademais, unha redución en definitiva da nosa democracia individual.

venres, 14 de marzo de 2014

Benvida ao voso Voceiro...e ao voso Blog


Nestes tempos convulsos no aspecto social, económico e político renace este novo VOCEIRO coa vocación de servizo á veciñanza, voceiro que desexamos vaia moito máis aló duna simple folla de información de actividades dun partido, aínda que obviamente tamén o ten que ser por cuestións evidentes. Desexamos sexa unha revista ao dispor do cidadán de a pé do noso concello, unha revista onde poidamos expresar as nosas opinións, queixas, problemas, inquedanzas..., en definitiva que sexa un medio para o servizo de todos e que poida ser un eixe transversal entre todos nós para facer chegar as nosas voces.

Brecht dixo unha vez que o peor analfabeto era o analfabeto político, aquel que non escoita, que non fala, que non participa nos acontecementos políticos e sociais do seu arredor. É o analfabeto que argumenta a súa ignorancia e o seu desprezo polo futuro dos seus baixo a frase de que todos son iguais, de que non paga a pena cambiar nin moverse. Política é todo, é o que mercamos cada día, é a escola dos nosos fillos, o noso traballo (se o temos), son as nosas rúas, o noso agro, o noso mar. Política é todo e, en consecuencia, inicia e remata en cada un de nós. Temos pois outro medio para facer política, a política que vai máis lonxe e máis preto da microeconomía e novas doutro mundo, a política que fala de nós mesmos e do noso. E todo esto terá reflexo no noso blog...no voso blog.

Benvido pois a este novo voceiro. Agardámoste!


luns, 9 de maio de 2011

O NOSA PROGRAMA 2011 - PRESENTACIÓN

O NOSO PROGRAMA. UN PROGRAMA PARA TI.

Tes nas túas mans as medidas de acción que un goberno nacionalista, un goberno do BNG, trataría de desenvolver en Brión nos próximos anos. Este programa é o froito dunha análise reflexiva de como se atopa no presente o noso Concello e de cal debe ser o seu futuro. Pero, ao mesmo tempo, este programa tamén é o resultado do intenso traballo que levamos desempeñado nas últimas lexislaturas en permanente contacto coa veciñanza.
Somos conscientes da tremenda crise, da incapacidade do Goberno do Estado para abordar con eficacia medidas de recuperación económica, do abandono das políticas de esquerda e progresistas e do perigo que corren os logros sociais do estado do benestar.

martes, 29 de marzo de 2011

O BNG debaterá o seu programa cos veciños e veciñas das parroquias


Dende o BNG de Brión imos achegarnos a todas as parroquias do concello e recoller todas as achegas dos veciños e veciñas brionesas. A pesares dos atrancos que dende a Alcaldía se nos pon para tentar falar coa veciñanza temos o intención de redobrar os esforzos para que Brión poida ter o mellor progama e o mellor goberno posíbel.